Monday 29 de April de 2024

A Concellería de Promoción Económica do Concello de Fene desenvolverá nos meses de novembro e decembro o programa Actíva-te!


Este programa, subvencionado pola Deputación da Coruña, consta dunha liña de actividades de formación dirixidas ás empresas do municipio e outra a persoas desempregadas.
Levaranse a cabo varias actividades de formación en grupo e individuais dirixidas a empresas:
– Autodeseño de plans de mellora comercial
-Escaparatismo
-Promocións para aumentar as vendas
-Obradoiros de promocións conxuntas
-Novas tecnoloxías
No referente a persoas desempregadas os cursos serán os seguintes:
-Redes sociais para a busca de emprego
-Manipulador de alimentos
-Motivación para o emprendemento
Este programa tamén inclúe sesións individualizadas a empresas dirixidas a mellorar a productividade dos establecementos. O horario destas sesións será a convir co usuario.
As sesións levaranse a cabo nas instalacións da asociación de comercio, hostalería e servizos de Fene “O Cruceiro” e nas aulas de Cursos e Informática do Concello.
As persoas interesadas poderán inscribirse de forma presencial nas oficinas de desenvolvemento local ou por correo no desenvolvemento.local@fene.gal, achegando a ficha de inscricción cuberta